Quen son


-----------------------Realizada por ´´Jorge M. de la Calle Xornalismo e Fotografía``--------------------
-----------------------Realizada por ´´Jorge M. de la Calle Xornalismo e Fotografía``--------------------

César Mouriño Suárez (de nome artístico Mouro R.G). Mc, productor, poeta, escritor, pensador, gaiteiro e compositor da provincia de Ourense.

Nado o 7 de decembro do ano 1993, pasa os seus primeiros anos de vida na casa dos seus avós maternos, na localidade de Turei, no concello de Ramirás. Aos cinco anos, pasa a vivir na que será a sua casa ata os 17 anos, tamén en Turei. Son nestes anos onde se conforma a maioría do seu pensamento e ideais, pensamento e ideais que plasmará tanto en cancións como en poemas, textos ensaísticos, etc. Nesta época estudará os estudos básicos e o bacharelato, entre Ramirás e Celanova. Será durante a E.S.O cando comeza a desenrolar interese e inquietude pola cultura Hip-Hop, en concreto o rap, e será no bacharelato, cando tome conciencia poética e inquietude política. Referente á sua traxectoria como gaiteiro, esta traxectoria naceu e segue ligada a Ramirás, dende os 7 anos, pois vive plenamente a crise da Banda de Gaitas de Ramirás e a súa progresiva reciclaxe, dando lugar á Escola de Baile e Música tradicional Rebulir, a cal abandona en setembro do 2017.

Aos 17 anos, producirase un punto de inflexión na sua vida: o paso a residir en Ourense, por varios motivos. Deses varios motivos, o que o implica a el, é a necesidade de repetir 2º curso do Bacharelato, titulación que consigue sacar exitosamente no I.E.S Otero Pedrayo.

A profunda admiración que desenrola, pola cidade de Ourense, faille imposible afastarse desta, polo que decide continuar os estudos na cidade, en concreto o Grao en Educación Social, que aínda segue estudando agora. É na época universitaria cando empeza a deixar activamente a sua pegada en todas as suas facetas e a establecer contactos con varias figuras de Ourense, do ámbito da cultura Hip Hop, os movementos estudantís, a poesía, etc.

Actualmente entre as suas ocupacións están: Os seus estudos universitarios, o traballo no seu estudo de gravación,  varias publicacións en distintos medios, e por suposto a sua actividade na loita estudantil e obreira.